CO PROFETA DANIEL NA FESTA DO QUEIXO

Restan quince días para a Festa do Queixo. Contan que o máis fermoso e enigmático sorriso que nos deixou o Románico, o do profeta Daniel dende o Pórtico da Gloria, está na orixe do queixo de tetilla.  Parece ser  que os labradores se vingaron así, con sabrosa retranca, da decisión  do Cabido de rasurar o peito nú da escultura da raíña Esther, o único enredo que idearan os canteiros para os seus profetas de pedra.

11 Daniel

Dicía Cunqueiro que un día de feira en Arzúa sería unha boa pousada para aqueles pelegríns que chegasen fatigados da soedade do Camiño. E dámoslle a razón medio século despois. As mellores tabernas perviven na saída cara as Corredoiras, á beira da vella estrada que comunica a vila con Curtis, Betanzos e A Coruña. Podemos empezar pola de FRADE, parada obrigada para os músicos nun día coma este. As cuncas de ribeiro deixan sempre aquí un pouso de camaradería.

IMG_4098 IMG_0127

E tenros momentos coma o do acordeonista de aspecto vagabundo tocando a Adelita para vellos e mozos, acompañado na escea pola muller que o observa tan abraiada como impasible.

O día do Queixo, o CARBALLEIRA reserva o comedor para as forzas vivas da vila, os gaiteiros, Protección Civil e algúns máis que nos valemos das vellas amizades ano tras ano. Pero o resto dos días mantense como unha recomendable “casa de comidas”, asequible e aínda non contaminada pola presión do Camiño. Da cociña chegan aromas de callos e carne asada, as grandes especialidades da comarca. Tamén é un bo sitio para mercar chourizos caseiros, lacón ou queixo de nabiza.

IMG_4107 IMG_4112

Dende que a señora Carme morreu, din que nada é igual en CASA FLORENCIO. Pero para min segue a ser a gran xoia da Coroa.

carme-de-florencio

florencio1 florencio2

A taberna das fronteiras borrosas garda o recordo dos tempos nos que curas, letrados e outros tratantes facían de certos selectos comedores os seus segundos fogares.

E co devalar do día, devolvemos ao profeta ao seu gozoso universo de pedra.

Coma un rito que se repite cada ano.

Agora xa sabemos o porqué do sorriso de Daniel.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s